Pan con sabor a pan

A historia de Pedro Fernández comeza a finais da década de 1920, cunha parella nunha pequena parroquia rural.

Fundadores de Panadería Pedro Fernández
Panadero en horno de Pedro Fernández

En 1926, en Herves, unha pequena parroquia da localidade de Carral e cuna do pan, Rosalía e Pepe fundan Panadería Mouriño, lugar no que comezaron a crear unha historia e un pan auténtico, feito con toda a súa ilusión e cariño, amasado a man durante longas xornadas de elaboración nun forno de leña e pedra.

Panadería Pedro Fernández Despacho

Decidiron non quedarse aí e estableceron como principio non deixar a ningunha familia da localidade sen pan a lomos de seu cabalo, por difícil que fose. 

Así mesmo, a súa filla Maruja decidiu seguir coa tradición dos seus pais, conservando ese pan totalmente artesán e de calidade. Casada co seu marido Pedro, convertiu Panadería Mouriño en “Panadería Pedro Fernandez”, seguindo con eses valores de amor e coidado polo pan.

Facendo honra aos valores que souberon transmitir de xeración en xeración, é agora, co tercer e cuarto legado de panaderos, cando Panadería Pedro Fernández incorpora novos produtos, innovando e evolucionando para chegar ás expectativas dos nosos clientes.

Mantendo a nosa filosofía de artesanía e calidade, elaborando a man con mimo y cariño cada un dos produtos que saen da Panadería Pedro Fernández dende fai case cen años.